miércoles, 12 de diciembre de 2007

BOLETÍN Nº 1

Desde a biblioteca MGB envíanse ás familias do noso alumnado boletíns con información sobre o funcionamneto da biblioteca, actividades a realizar, recomendacións de lecturas, novidades e últimas adquisicións.
Pódese descargar desde aquí.

martes, 13 de noviembre de 2007

CONCURSO DE MICRORRELATOS "Le, Matina, Relé"

Convócase un concurso de microrrelatos baixo o título "Le, Matina, Relé" para todo o alumnado do centro coas seguintes bases:


Poderá escribirse en calquera dos dous idiomas cooficiais: galego ou castelán.
Iniciarase coa frase "Esta nena non é nosa" ou "Esta niña no es nuestra".
Non deberá superar as dez liñas.
Os concursantes asinarán os escritos cun seudónimo que entregarán na biblioteca, xunto cos datos persoais, a Pura Torres.
A inscrición farase antes das vacacións de Nadal.
Os microrrelatos incluiranse no blog na segunda quincena de xaneiro.
O mellor microrrelato será elixido por votación a primeira semana de febreiro.
O gañador ou gañadora recibirá un premio ao final do curso.


Para que vos sirva de exemplo, incluímos algún aquí e ademais podedes ver no expositor da biblioteca unha selección de microrrelatos de Gonçalo M. Tavares.

"Aquel hombre era invisible, pero nadie se percató de ello"
(GABRIEL JIMÉNEZ EMÁN)

"...el drama del desencantado que se arrojó a la calle desde el décimo piso, y a medida que caía iba viendo a través de las ventanas la intimidad de sus vecinos, las pequeñas tragedias domésticas, los amores furtivos, los breves instantes de felicidad, cuyas noticias no habían llegado nunca hasta la escalera común, de modo que en el instante de reventarse contra el pavimento de la calle había cambiado por completo su concepción del mundo, y había llegado a la conclusión de que aquella vida que abandonaba para siempre por la puerta falsa valía la pena de ser vivida."

(GARCÍA MÁRQUEZ)


En lugar de uvas, los racimos del reino dejaban caer diamantes sobre la tierra.

- ¡Diamante, diamantes, diamantes! Hace años que no se ve otra cosa -se quejaba el productor.

(GONÇALO M. TAVARES)

martes, 6 de noviembre de 2007

NACE "PASANDOPÁXINAS"

A biblioteca MGB pon en funcionamento o blog "pasandopaxinas" co obxectivo de achegarse a toda a comunidade educativa e facela partícipe das actividades que se poñan en marcha.
Concíbese como un medio de difusión das vosas opinións, reflexións, ideas, suxerencias, colaboracións, creacións, etc. que contribúan á dinamización da biblioteca e ao fomento da lectura e da escritura.
Aquí poderedes dar renda solta á vosa capacidade reflexiva, imaxinativa e creativa.
Para editar no blog, contactade coa encargada da biblioteca (Pura) que vos indicará os pasos a seguir.