viernes, 22 de noviembre de 2013

Dálle a volta!!!

Nesta data do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, a MeGaBiblioteca ofrécevos varias propostas:
  • O luns 25, nos dous recreos, proxectaranse uns vídeos sobre a orixe desta data conmemorativa.
  • Poderedes visitar a exposición Dálle a volta!!! e a súa versión "virtual" (esta na aula virtual da biblioteca), con noticias e textos relacionados coa violencia de xénero.
  • Ademais, dispós dunha folla de participación para buscar os datos que che permitan completar algunhas informacións da exposición. Cando a teñas cuberta podes entregala ao bibliotecario de garda ou aos axudantes da MeGaBiblioteca.
  • Temos un pequeno agasallo para cada persoa que se achegue a conmemorar connosco esta data. 
Esperemos que esta sexa a última conmemoración deste día, porque xa non haxa que destacar ningunha violencia contra as mulleres.



issuu.com/maytel/docs/presentaci__n_violencia_de_xenero?e=9956095/5717118

lunes, 11 de marzo de 2013

Aprender a buscar na rede

Aquí contades con unha boa ligazón que vos axudará para a búsqueda de informacion na Web. Damos as grazas  a Olga Rodríguez Díaz e Charo Sánchez-Gabriel  que moi amablemente nos permitiron facer uso dela.

miércoles, 13 de febrero de 2013

San Valentín na MeGaBiblioteca

Xoga e participa nos dous concursos que che preparamos para que demostres a túa rapidez no manexo das teclas e túa creatividade na escrita. O xogo de parellas telo na nova aula virtual da Biblioteca, accede, tes permiso!
Recorda, podes xogar a unha das propostas ou ás dúas. Só ou acompañado... Ti decides.
 Sorte!

jueves, 15 de noviembre de 2012

Lector/a do mes na MeGaBiblioteca

O xoves 15 de novembro comeza o concurso “O lector/a do mes”: cada mes premiarase a quen demostre ter máis libros lidos durante ese período. Para participar só tes que coller documentos en préstamo na MeGaBiblioteca co teu número de carné, e facer unha pequena entrada en “a nosa biblioteca na rede” (accédese desde a web do insti) coa túa opinión sobre o libro, cómic, revista… que leras. Se non sabes como introducir os datos no Meiga, pregúntalle a Patricia Pérez Gippini.
Haberá premios para quen demostre ser o máis lector/a do centro. Anímate.

 

viernes, 18 de marzo de 2011

Falece a escritora Josefina Aldecoa

Josefina Aldecoa

Ós 85 anos de idade, falece a escritora Josefina Aldecoa (La Robla, León, 1926 – Mazcuerras, Cantabria, 16 de marzo de 2011), representante da xeración dos 50 e pedagoga que mantivo vivo o espírito da Institución Libre de Ensinanza

martes, 21 de diciembre de 2010

Lecturas Nadal 2010

A MeGaBiblioteca desexa a toda a comunidade educativa que o 2011 traia ilusión.
Propoñémosvos unha selección de lecturas para tod@s nas vacacións.

jueves, 11 de noviembre de 2010

A MeGaBiblioteca recibe un agasallo!

A Megabiblioteca agradece o agasallo d’O Fillo da Furia, e a amable dedicatoria de Manolo López Poy, coautor con Miguel Fernández Vázquez deste cómic.
O protagonista baséase nunha personaxe real, Mamed Casanova —alias Toribio—, o derradeiro bandido que existiu na zona de Ortigueira. Inda que semella a historia da súa vida, do que o define socialmente (ser fillo de solteira, pobre, parrandeiro, bravucón e ata violento, fiel aos amigos, …), do que o anima (emigrar para gañar riquezas e dignidade) e do que o condea, en realidade é moito máis. Mamed Casanova atenta contra todas as normas sociais e fai tambalear a estrutura caciquil da Galicia da época. A súa historia, en branco e negro, serve para retratar a sociedade galega de finais do XIX e principios do XX cos seus contrastes: a cidade, a vila e a aldea; a miseria dos labregos e a fachenda dos novos ricos chegados das Américas; o poder de caciques, novos ricos e curas, e a submisión dos pobres; a violencia destes frontes á das forzas vivas e a garda civil; a miseria e a fame fronte á riqueza e a fachenda… Un cómic, en definitiva, moi recomendable.