Lector/a do mes na MeGaBiblioteca
O xoves 15 de novembro comeza o concurso “O lector/a do mes”:
cada mes premiarase a quen demostre ter máis libros lidos durante ese
período. Para participar só tes que coller documentos en préstamo na
MeGaBiblioteca co teu número de carné, e facer unha pequena entrada en
“a nosa biblioteca na rede” (accédese desde a web do insti) coa túa
opinión sobre o libro, cómic, revista… que leras. Se non sabes como
introducir os datos no Meiga, pregúntalle a Patricia Pérez Gippini.
Haberá premios para quen demostre ser o máis lector/a do centro. Anímate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario