lunes, 11 de marzo de 2013
Aprender a buscar na rede
Aquí contades con unha boa ligazón que vos axudará para a búsqueda de informacion na Web. Damos as grazas a Olga Rodríguez Díaz e Charo Sánchez-Gabriel que moi amablemente nos permitiron facer uso dela.
miércoles, 13 de febrero de 2013
San Valentín na MeGaBiblioteca

Recorda, podes xogar a unha das propostas ou ás dúas. Só ou acompañado... Ti decides.
Sorte!
jueves, 15 de noviembre de 2012
Lector/a do mes na MeGaBiblioteca

Haberá premios para quen demostre ser o máis lector/a do centro. Anímate.
viernes, 18 de marzo de 2011
Falece a escritora Josefina Aldecoa
martes, 21 de diciembre de 2010
Lecturas Nadal 2010
A MeGaBiblioteca desexa a toda a comunidade educativa que o 2011 traia ilusión.
Propoñémosvos unha selección de lecturas para tod@s nas vacacións.
jueves, 11 de noviembre de 2010
A MeGaBiblioteca recibe un agasallo!

O protagonista baséase nunha personaxe real, Mamed Casanova —alias Toribio—, o derradeiro bandido que existiu na zona de Ortigueira. Inda que semella a historia da súa vida, do que o define socialmente (ser fillo de solteira, pobre, parrandeiro, bravucón e ata violento, fiel aos amigos, …), do que o anima (emigrar para gañar riquezas e dignidade) e do que o condea, en realidade é moito máis. Mamed Casanova atenta contra todas as normas sociais e fai tambalear a estrutura caciquil da Galicia da época. A súa historia, en branco e negro, serve para retratar a sociedade galega de finais do XIX e principios do XX cos seus contrastes: a cidade, a vila e a aldea; a miseria dos labregos e a fachenda dos novos ricos chegados das Américas; o poder de caciques, novos ricos e curas, e a submisión dos pobres; a violencia destes frontes á das forzas vivas e a garda civil; a miseria e a fame fronte á riqueza e a fachenda… Un cómic, en definitiva, moi recomendable.
lunes, 17 de mayo de 2010
Letras Galegas: Uxío Novoneyra e Neira Vilas


Suscribirse a:
Entradas (Atom)