jueves, 15 de noviembre de 2012

Lector/a do mes na MeGaBiblioteca

O xoves 15 de novembro comeza o concurso “O lector/a do mes”: cada mes premiarase a quen demostre ter máis libros lidos durante ese período. Para participar só tes que coller documentos en préstamo na MeGaBiblioteca co teu número de carné, e facer unha pequena entrada en “a nosa biblioteca na rede” (accédese desde a web do insti) coa túa opinión sobre o libro, cómic, revista… que leras. Se non sabes como introducir os datos no Meiga, pregúntalle a Patricia Pérez Gippini.
Haberá premios para quen demostre ser o máis lector/a do centro. Anímate.

 

viernes, 18 de marzo de 2011

Falece a escritora Josefina Aldecoa

Josefina Aldecoa

Ós 85 anos de idade, falece a escritora Josefina Aldecoa (La Robla, León, 1926 – Mazcuerras, Cantabria, 16 de marzo de 2011), representante da xeración dos 50 e pedagoga que mantivo vivo o espírito da Institución Libre de Ensinanza

martes, 21 de diciembre de 2010

Lecturas Nadal 2010

A MeGaBiblioteca desexa a toda a comunidade educativa que o 2011 traia ilusión.
Propoñémosvos unha selección de lecturas para tod@s nas vacacións.

jueves, 11 de noviembre de 2010

A MeGaBiblioteca recibe un agasallo!

A Megabiblioteca agradece o agasallo d’O Fillo da Furia, e a amable dedicatoria de Manolo López Poy, coautor con Miguel Fernández Vázquez deste cómic.
O protagonista baséase nunha personaxe real, Mamed Casanova —alias Toribio—, o derradeiro bandido que existiu na zona de Ortigueira. Inda que semella a historia da súa vida, do que o define socialmente (ser fillo de solteira, pobre, parrandeiro, bravucón e ata violento, fiel aos amigos, …), do que o anima (emigrar para gañar riquezas e dignidade) e do que o condea, en realidade é moito máis. Mamed Casanova atenta contra todas as normas sociais e fai tambalear a estrutura caciquil da Galicia da época. A súa historia, en branco e negro, serve para retratar a sociedade galega de finais do XIX e principios do XX cos seus contrastes: a cidade, a vila e a aldea; a miseria dos labregos e a fachenda dos novos ricos chegados das Américas; o poder de caciques, novos ricos e curas, e a submisión dos pobres; a violencia destes frontes á das forzas vivas e a garda civil; a miseria e a fame fronte á riqueza e a fachenda… Un cómic, en definitiva, moi recomendable.

lunes, 17 de mayo de 2010

Letras Galegas: Uxío Novoneyra e Neira Vilas




Aproveitando a visita do escritor Neira Vilas ao noso centro e o Día das Letras Galegas do 17 de maio (adicado este ano a Uxío Novoneyra), a biblioteca proponche un xogo: que demostres a túa creatividade. Colle un boletín de participación (hai dous modelos diferentes) e remata o texto que vén nel: podes escribir un poema ou un relato seguindo a frase/verso inicial dos autores homenaxeados. Terás que ser orixinal. Entrégao na biblioteca antes do 1 de xuño: concederáselle un premio ao mellor!

jueves, 7 de mayo de 2009

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas está adicado este ano a "RAMÓN PIÑEIRO".
Durante esta semana (do 11 ó 17 de maio) temos programadas unha serie de actividades:

-Distribución de marcapáxinas (con referencia ao homenaxeado neste día) entre a comunidade educativa.

- Participación no Correlingua, o xoves día 14, que se celebra por primeira vez no noso concello.

-Conferencia sobre "Ramón Piñeiro" (venres 15), será impartida polo escritor Santiago Jaureguizar.
-Exposición de viñetas de "Humor e Lingua".

martes, 24 de marzo de 2009

DÍA DO LIBRO


"En abril, lecturas mil."


Este mes celebramos dúas datas importantes: o día 2, Día do libro Infantil e Xuvenil, e o 23, Día do Libro.
Dende a biblioteca propoñemos un xogo que comeza o día 2 e remata o 23 deste mes ás 12:45. Polos corredores do centro, camiño da biblioteca, atoparás información. Haberá un premio para os tres primeiros acertantes.