martes, 11 de marzo de 2008

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar o Día da Muller Traballadora a biblioteca propón unha serie de actividades para levar a cabo desde o día 3 ao 15 de marzo:
  • "Mulleres no tempo": consiste na búsqueda de información sobre mulleres destacadas ao longo do tempo.
  • “Violencia de xénero”: consiste en dar resposta ás seguintes cuestións: Que é a violencia de xénero? Como empezan os malos tratos? Por que se produce a violencia de xénero? Que facer se se padecen malos tratos?

DÍA DE SAN VALENTÍN

Baixo o título "Eu regáloche, ti regálasme", a biblioteca invitou a alumnos e profesores a participar nunha actividade na que, coa literatura como medio de expresión persoal e afectiva puideron transmitir aos compañeiros e compañeiras o seu agarimo.
Puxemos á súa disposición os materiais necesarios para buscar citas, poemas e textos axeitados para tal fin.
A materialización da actividade tivo lugar o xoves día 14 de febreiro durante todo o horario lectivo.