martes, 21 de diciembre de 2010

Lecturas Nadal 2010

A MeGaBiblioteca desexa a toda a comunidade educativa que o 2011 traia ilusión.
Propoñémosvos unha selección de lecturas para tod@s nas vacacións.

jueves, 11 de noviembre de 2010

A MeGaBiblioteca recibe un agasallo!

A Megabiblioteca agradece o agasallo d’O Fillo da Furia, e a amable dedicatoria de Manolo López Poy, coautor con Miguel Fernández Vázquez deste cómic.
O protagonista baséase nunha personaxe real, Mamed Casanova —alias Toribio—, o derradeiro bandido que existiu na zona de Ortigueira. Inda que semella a historia da súa vida, do que o define socialmente (ser fillo de solteira, pobre, parrandeiro, bravucón e ata violento, fiel aos amigos, …), do que o anima (emigrar para gañar riquezas e dignidade) e do que o condea, en realidade é moito máis. Mamed Casanova atenta contra todas as normas sociais e fai tambalear a estrutura caciquil da Galicia da época. A súa historia, en branco e negro, serve para retratar a sociedade galega de finais do XIX e principios do XX cos seus contrastes: a cidade, a vila e a aldea; a miseria dos labregos e a fachenda dos novos ricos chegados das Américas; o poder de caciques, novos ricos e curas, e a submisión dos pobres; a violencia destes frontes á das forzas vivas e a garda civil; a miseria e a fame fronte á riqueza e a fachenda… Un cómic, en definitiva, moi recomendable.

lunes, 17 de mayo de 2010

Letras Galegas: Uxío Novoneyra e Neira Vilas




Aproveitando a visita do escritor Neira Vilas ao noso centro e o Día das Letras Galegas do 17 de maio (adicado este ano a Uxío Novoneyra), a biblioteca proponche un xogo: que demostres a túa creatividade. Colle un boletín de participación (hai dous modelos diferentes) e remata o texto que vén nel: podes escribir un poema ou un relato seguindo a frase/verso inicial dos autores homenaxeados. Terás que ser orixinal. Entrégao na biblioteca antes do 1 de xuño: concederáselle un premio ao mellor!