viernes, 22 de noviembre de 2013

Dálle a volta!!!

Nesta data do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, a MeGaBiblioteca ofrécevos varias propostas:
  • O luns 25, nos dous recreos, proxectaranse uns vídeos sobre a orixe desta data conmemorativa.
  • Poderedes visitar a exposición Dálle a volta!!! e a súa versión "virtual" (esta na aula virtual da biblioteca), con noticias e textos relacionados coa violencia de xénero.
  • Ademais, dispós dunha folla de participación para buscar os datos que che permitan completar algunhas informacións da exposición. Cando a teñas cuberta podes entregala ao bibliotecario de garda ou aos axudantes da MeGaBiblioteca.
  • Temos un pequeno agasallo para cada persoa que se achegue a conmemorar connosco esta data. 
Esperemos que esta sexa a última conmemoración deste día, porque xa non haxa que destacar ningunha violencia contra as mulleres.



issuu.com/maytel/docs/presentaci__n_violencia_de_xenero?e=9956095/5717118

lunes, 11 de marzo de 2013

Aprender a buscar na rede

Aquí contades con unha boa ligazón que vos axudará para a búsqueda de informacion na Web. Damos as grazas  a Olga Rodríguez Díaz e Charo Sánchez-Gabriel  que moi amablemente nos permitiron facer uso dela.

miércoles, 13 de febrero de 2013

San Valentín na MeGaBiblioteca

Xoga e participa nos dous concursos que che preparamos para que demostres a túa rapidez no manexo das teclas e túa creatividade na escrita. O xogo de parellas telo na nova aula virtual da Biblioteca, accede, tes permiso!
Recorda, podes xogar a unha das propostas ou ás dúas. Só ou acompañado... Ti decides.
 Sorte!

jueves, 15 de noviembre de 2012

Lector/a do mes na MeGaBiblioteca

O xoves 15 de novembro comeza o concurso “O lector/a do mes”: cada mes premiarase a quen demostre ter máis libros lidos durante ese período. Para participar só tes que coller documentos en préstamo na MeGaBiblioteca co teu número de carné, e facer unha pequena entrada en “a nosa biblioteca na rede” (accédese desde a web do insti) coa túa opinión sobre o libro, cómic, revista… que leras. Se non sabes como introducir os datos no Meiga, pregúntalle a Patricia Pérez Gippini.
Haberá premios para quen demostre ser o máis lector/a do centro. Anímate.

 

viernes, 18 de marzo de 2011

Falece a escritora Josefina Aldecoa

Josefina Aldecoa

Ós 85 anos de idade, falece a escritora Josefina Aldecoa (La Robla, León, 1926 – Mazcuerras, Cantabria, 16 de marzo de 2011), representante da xeración dos 50 e pedagoga que mantivo vivo o espírito da Institución Libre de Ensinanza

martes, 21 de diciembre de 2010

Lecturas Nadal 2010

A MeGaBiblioteca desexa a toda a comunidade educativa que o 2011 traia ilusión.
Propoñémosvos unha selección de lecturas para tod@s nas vacacións.

jueves, 11 de noviembre de 2010

A MeGaBiblioteca recibe un agasallo!

A Megabiblioteca agradece o agasallo d’O Fillo da Furia, e a amable dedicatoria de Manolo López Poy, coautor con Miguel Fernández Vázquez deste cómic.
O protagonista baséase nunha personaxe real, Mamed Casanova —alias Toribio—, o derradeiro bandido que existiu na zona de Ortigueira. Inda que semella a historia da súa vida, do que o define socialmente (ser fillo de solteira, pobre, parrandeiro, bravucón e ata violento, fiel aos amigos, …), do que o anima (emigrar para gañar riquezas e dignidade) e do que o condea, en realidade é moito máis. Mamed Casanova atenta contra todas as normas sociais e fai tambalear a estrutura caciquil da Galicia da época. A súa historia, en branco e negro, serve para retratar a sociedade galega de finais do XIX e principios do XX cos seus contrastes: a cidade, a vila e a aldea; a miseria dos labregos e a fachenda dos novos ricos chegados das Américas; o poder de caciques, novos ricos e curas, e a submisión dos pobres; a violencia destes frontes á das forzas vivas e a garda civil; a miseria e a fame fronte á riqueza e a fachenda… Un cómic, en definitiva, moi recomendable.

lunes, 17 de mayo de 2010

Letras Galegas: Uxío Novoneyra e Neira Vilas




Aproveitando a visita do escritor Neira Vilas ao noso centro e o Día das Letras Galegas do 17 de maio (adicado este ano a Uxío Novoneyra), a biblioteca proponche un xogo: que demostres a túa creatividade. Colle un boletín de participación (hai dous modelos diferentes) e remata o texto que vén nel: podes escribir un poema ou un relato seguindo a frase/verso inicial dos autores homenaxeados. Terás que ser orixinal. Entrégao na biblioteca antes do 1 de xuño: concederáselle un premio ao mellor!

jueves, 7 de mayo de 2009

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas está adicado este ano a "RAMÓN PIÑEIRO".
Durante esta semana (do 11 ó 17 de maio) temos programadas unha serie de actividades:

-Distribución de marcapáxinas (con referencia ao homenaxeado neste día) entre a comunidade educativa.

- Participación no Correlingua, o xoves día 14, que se celebra por primeira vez no noso concello.

-Conferencia sobre "Ramón Piñeiro" (venres 15), será impartida polo escritor Santiago Jaureguizar.
-Exposición de viñetas de "Humor e Lingua".

martes, 24 de marzo de 2009

DÍA DO LIBRO


"En abril, lecturas mil."


Este mes celebramos dúas datas importantes: o día 2, Día do libro Infantil e Xuvenil, e o 23, Día do Libro.
Dende a biblioteca propoñemos un xogo que comeza o día 2 e remata o 23 deste mes ás 12:45. Polos corredores do centro, camiño da biblioteca, atoparás información. Haberá un premio para os tres primeiros acertantes.

miércoles, 18 de marzo de 2009

O vindeiro venres 27 de marzo con motivo do "Día da poesía" o alumnado de 2º ESO e 3º ESO A participarán na videoconferencia realizada entre os tres IES da Estrada, coa colaboración técnica do Centro Multimedia de Galicia, e na que se lerán diversas poesías conmemorativas. Será na Biblioteca do centro.
"Poesía estradense con voz de muller"

O vindeiro venres 27 de marzo haberá unha conferencia a cargo de Antía Otero e Mª Soutelo Vázquez que falarán sobre os seus libros de poesía, "O son da xordeira" e "Código poético" respectivamente. Será ás dúas últimas horas en Usos Múltiples para o alumnado de 4º ESO.

miércoles, 4 de marzo de 2009

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Lecturas.



ALEIXANDRE, Marilar: A Cabeza de Medusa.

Relata a violación de dúas rapazas estudantes de bacharelato. Ambas afrontan esta humillación como mellor poden, pero o máis difícil é enfrontarse ao seu entorno: pais, familia, policía, avogados, compañeiros de clase e de instituto, médicos, mestres, amigos e familia dos violadores.




ELLIS, Deborah: El pan de la guerra.

Retrata a vida no Afganistán dos talibáns, a través da vida cotiá dunha nena e a súa familia que se ven obrigados a cambiar a súa forma de vida pro-occidental.
Trata de: Intolerancia - Islamismo - Dereitos humanos - Islam - Países - Relixións - Traballo - Dereitos da muller - Afganistán.

miércoles, 21 de enero de 2009

Tropa de trapo. Contacontos + Obradoiro


O mércores, 28 de xaneiro, o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato participará nunha actividade proposta polos Departamentos de Normalización Lingüística, Educación Física, Lingua Castelá e Literatura e a Biblioteca.
O grupo Tropa de trapo fará dous pases de contacontos e un obradoiro.

martes, 16 de diciembre de 2008

LECTURAS PARA O NADAL

Dende a biblioteca do IES Manuel García Barros recordámosvos que o Nadal é tempo de vacacións pero tamén de libros. É unha boa ocasión para pedir e regalar libros. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións.


viernes, 21 de noviembre de 2008

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O próximo 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, dende a Biblioteca do IES Manuel Gacía Barros, queremos sumarnos ao rexeitamente contra a violencia de xénero en particular e contra todo tipo de violencia en xeral.

jueves, 6 de noviembre de 2008

UN DÍA DE TERROR


Atréveste a pasar unha hora de terror con nós na biblioteca?

Achégate este venres á última hora da mañá e leamos xuntos os relatos máis arrepiantes!

martes, 30 de septiembre de 2008

BENVIDA

Dende a biblioteca e co motivo do comezo do curso 2008-2009, damos a benvida a todos /as os usuarios e animamos a toda a comunidade educativa a participar nas diversas actividades que se organizarán no presente curso escolar.
Benvidos e ánimo...!

martes, 15 de abril de 2008

DÍA DO LIBRO


O próximo día 23 de abril, Día do Libro, a biblioteca do MGB convoca, xunto con outras actividades, o concurso "Pasapalabra" coa participación do alumnado de ESO.

martes, 11 de marzo de 2008

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar o Día da Muller Traballadora a biblioteca propón unha serie de actividades para levar a cabo desde o día 3 ao 15 de marzo:
  • "Mulleres no tempo": consiste na búsqueda de información sobre mulleres destacadas ao longo do tempo.
  • “Violencia de xénero”: consiste en dar resposta ás seguintes cuestións: Que é a violencia de xénero? Como empezan os malos tratos? Por que se produce a violencia de xénero? Que facer se se padecen malos tratos?